Frieiresa89As T Vv123S JGg t U XKk LBb Rrx YQqan
Frieiresa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Boi frieirés | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
A frieiresa é unha raza de vacún autóctona de Galicia. Actualmente a poboación é moi reducida, cuns 673 exemplares (2014) distribuídos en 30 ganderías. É unha raza típica da provincia de Ourense.
Índice
- 1 Morfoloxía
- 2 Evolución da poboación
- 3 Notas
- 4 Véxase tamén
- 4.1 Ligazóns externas
Morfoloxía[editar | editar a fonte]
Agrupa animais de tamaño medio a grande, de perfil subcóncavo a cóncavo. O peso medio é de 600 kg para as femias e de 860 kg para os machos e a alzada media á cruz é de 131 cm para as femias e de 141 cm para os machos. A cabeza é pequena e curta, con testa saínte e fronte e morro anchos. Os cornos son longos, orientados cara adiante e cara abaixo. Ten pescozo delgado, tronco longo e harmónico, dorso e lombo anchos, peito amplo, tórax profundo, costelares arqueados e ventre de gran capacidade. As extremidades son de lonxitude media, asentadas, ben verticais. Os ubres teñen bo tamaño, con tetos de implantación correcta. A súa capa é castaña lavada, con pelo longo e abundante na rexión frontal, formando unha guedella loira característica.
Evolución da poboación[editar | editar a fonte]
Ano | Femias | Machos | Total | Ganderías |
---|---|---|---|---|
2009 | 536 | 119 | 655 | 29 |
2010 | 616 | 156 | 772 | 32 |
2011 | 689 | 166 | 855 | 33 |
2012 | 706 | 139 | 845 | 34 |
2013 | 634 | 120 | 754 | 31 |
2014[1] | 594 | 79 | 673 | 30 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (ed.). "Aplicación ARCA". Consultado o 22 de maio de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha da raza frieiresa en PDF (Consellería de Medio Rural)
|